Search
Light Mode
Contact Us
gl

Contact us

No results for your search.
Sorry, an unexpected error occurred
ES
GL


Públicos

Listaxe

Como moderalos

Nestas canles, calquera moderador pode acceder para supervisalos. Isto é coñecido como "patrullaxe".

Síntete libre de acceder, botar unha ollada e aproveitar o momento para non aburrirte, pero lembra que mentres teñas o rol, atópaste traballando.

Tódalas regras do servidor poden ser aplicadas nestas canles.



Limitados

Listaxe

Como moderalos

Nestas canles, é altamente recomendable evitar a patrullaxe e non acceder de non existir a necesidade, coma un reporte ou a presenza dun usuario que está a evadir unha posible advertencia por ruidos molestos.

Tódalas normas do servidor poden ser aplicadas nestas canles.



Personalizados

Listaxe

Como moderalos

Nestas canles, é altamente recomendable evitar a patrullaxe e non acceder de non existir a necesidade, coma un reporte ou a presenza dun usuario que esté a evadir unha posible advertencia por ruidos molestos.

Se a canle está aberta ao público, como moderador tes o dereito a acceder á mesma. Porén, se non tes unha necesidade e o dono da canle solicita que a abandones, terás que facelo o antes posíbel, sen necesidade de explicacións.

É importante recalcar que, para evitar conflitos, no caso de que vexas que o dono da canle intenta botarte pero non sabe que ten que solicitalo, ou outras situacións nas que aprecies descoñecemento, deberas de explicarlles que nas canles personalizadas, se un membro do equipo de moderación está presente, poden pedirlle que se retire.

Nestas canles as noras de temática, vocabulario vulgar, audios molestos e moduladores non son aplicadas nunca. Será o dono da canle o que decida se é correto ou non, e será el quen sancione ós usuarios expulsandoos da canle.

So no caso de que a canle sexa privada (Non poidas acceder a ela cos teus permisos de moderador) a única normativa que se manterá será a de Discord (ToS e Guidelines). Coas seguintes excepcións:


On This Page
Created with Notice