Cando accedemos a unha canle cómpre dar unha boa imaxe e mantela todo o tempo posíbel para incitar a un ambiente cómodo e amigábel moderador-usuario.
Isto tamén aumenta as posibilidades de que nun futuro un usuario colabore nalgunha das nosas tarefas ou nos reporte algunhas condutas contrarias ás normas.
A primeira imaxe será crucial, pero teremos que mantela ou os nosos esforzos terán sido inútiles.
Revisa que non se atopen moderadores xa presentes na canle.
Neste caso, poderás acceder á canle atendendo ao especificado no artículo "Canles a moderar".
O recomendable é revisar o chat de equipo para ver se precisan de axuda. Se non a solicitaron podes simplemente buscar outra canle ou preguntarlle se a precisan.
Se non precisan axuda simplemente busca outra canle e repite este proceso.
Se a precisan, accede á canle e apóiaos no control da mesma.
Accede á canle co micrófono desmuteado, gravando pantalla e saudando.
Intenta na medida do posíbel enterarte do tema que se está a falar e integrarte na conversación. Axudará á hora de tomar decisións e os usuarios manteranse máis cómodos e tranquilos contigo.
Mentres te atopes na canle terás que saber diferenciar 3 situacións, e nas tres terás que actuar de xeitos distintos.
Cando non haxa nada que moderar, non haxa dúbidas, nin usuarios incumprindo as regras, reláxate e fala un pouco.
Fai uso dun vocabulario casual pero evita na medida do posíbel as palabras malsoantes. Ri se algo che fai graza, mostra sorpresa se algo te sorprede... Non te silencias para ocultar teu stado e poder simular máis "profesionalidade". Mostra humanidade pero controlada, non te deixes levar, estás a representar ao equipo de moderadores.
Non perdas o ambiente de cando estaba a charlar, continua con esa tranquilidade pero lembra que se trata dun tema delicado para ti, moitos empregarán tuas palabras na túa contra ou na contra doutros moderadores.
Pensa antes de falar, responde con claridade, coida moito o teu vocabulario e se tes dúbidas resólveas antes de contestar. Non é ideal, pero é mellor que digas que non o tes claro ao 100% e que vas a preguntar, antes que cometer un erro e ter que atender un ticket de 3 horas de un usuario quiexándose de ti.
Cando estés dando un aviso ten unha cousa moi clara: Os usuarios non queren escoitarte.
Resume todo o posíbel sen perder o significado orixinal, lembra que se teñen dúbidas vanchas preguntar e usa un vocabulario formal pero facil de comprender por calquera hispanofalante.
Sempre que fales dende a postura de moderador facendo unha tarefa de control, xa sexa advertir ou moderar a canle por algunha discusión... Resume o que teñas que dicir e non des exemplos ou explicacións, se as requiren, solicitaranas.